De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, punto 3, faise público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso forestal a agrícola dunha parcela en Coeses (Lugo), promovido por José Ángel Otero Liz.
Este informe de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).
Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2018
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático