Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2018 Páx. 40332

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento como funcionaria de carreira dunha praza de administrativo da oferta de emprego de 2015.

A concellaría de goberno responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio mediante Resolución do 6.7.2018, nomeou funcionaria de carreira deste Concello a:

– Lorena Canosa Viéitez, con DNI 44075944D, para ocupar unha praza de administrativo de Administración xeral, encadrada dentro da subescala administrativa, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1.

Dáse publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Pontevedra, 14 de agosto de 2018

O alcalde
(Competencia delegada por Acordo da Xunta Goberno Local do 21.4.2017)
Vicente Legísima García
Concelleiro de Goberno responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio