Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2018 Páx. 40311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de novos módulos e funcionalidades para a implantación da administración xudicial electrónica na Administración de xustiza de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0064).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o desenvolvemento de novas funcionalidades, novos módulos de apoio ao funcionamento da sede xudicial, así como os seus procesos de instalación e implantación.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 2.10.2017.

DOUE: 30.9.2017.

BOE: 2.10.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 4.942.980,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 2.059.200,00 €, máis 432.432,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 2.491.632,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 14.6.2018.

b) Data de formalización do contrato: 17.7.2018.

c) Contratista: Accenture, S.L.

d) Importe de adxudicación: 1.941.396,60 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2018

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
(Delegación de sinatura do 10.8.2018)
José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia