Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2018 Páx. 40073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica a resolución do expediente SAN-LU-0022/2017-BA.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente SAN-LU-0022/2017-BA.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Servizo de Sanidade Animal, situadas no Edificio Administrativo San Caetano s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á notificación, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo onde o interesado teña o seu domicilio, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, por ser a sede do órgano autor do acto impugnado, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Transcorrido este prazo sen ter presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa, sendo inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90 da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2018

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
P.D. (Resolución do 17.8.2018)
Jorge Enrique Mourelo Estella
Subdirector xeral de Gandaría

ANEXO

Expediente: SAN-LU-0022/2017-BA.

Interesado: Manuel López Gayoso.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: lugar de Vila, 12, Eirexalba, 27345 O Incio, Lugo.