Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2018 Páx. 40066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 8 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de protección e benestar de animais de compañía, así como en materia de pesca fluvial (expediente ANI-CO-0093/2018-V e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio na Coruña, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, nº 2, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 8 de agosto de 2018

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

Anexo

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

ANI-CO-0093/2018-V

María del Mar Fernández Ares

Acordo de inicio

Xefa territorial

ANI-CO-0094/2018-V

María Rocío Rodríguez Carreiras

Acordo de inicio

Xefa territorial

ANI-CO-0113/2018-V

Juan Francisco Ríos

Acordo de inicio

Xefa territorial

PES-CO-0008/2018-V

Manuel García Pereira

Resolución

Xefa territorial