Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2018 Páx. 40084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de soporte técnico especializado e xestión de aplicacións e servizos TIC na Administración de xustiza de Galicia (expediente AMT-2018-0004).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: ten por obxecto a prestación do servizo de soporte especializado para a atención directa aos usuarios vinculados á Administración de xustiza en Galicia (en diante CSU Xustiza). O CSU Xustiza debe proporcionar un único punto de interlocución, centralizando as consultas, incidencias e peticións de servizo, así como un servizo avanzado de xestión e control dos programas e proxectos neste ámbito.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 2.1.2018.

DOUE: 6.1.2018.

BOE: 10.1.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 6.330.858,84 €.

5. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado é de 2.637.857,85 €, máis 553.950,15 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 3.191.808,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 14.5.2018.

b) Data de formalización do contrato: 15.6.2018.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 3.041.068,80 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2018

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
(Delegación de sinatura do 10.8.2018)
José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia