En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número de Expediente: 6/2018 CA.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=284996
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración, configuración e instalación de doce estacións meteorolóxicas para a rede de observación oceanometeorolóxica.
c) CPV (referencia de nomenclatura): 38127000-1.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 248.470,00 €.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 248.470,00 €. Importe total: 300.648,70 €.
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 15 de xuño de 2018.
b) Data de formalización do contrato: 20 de xullo de 2018.
c) Adxudicataria: Arantec Enginheria, S.L.
d) Importe de adxudicación:
Importe neto: 214.945,00 €. Importe total con IVE: 260.083,45 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2018
A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio
P.S. (Artigo 7.1 do Decreto 167/2015, do 13 de novembro, DOG núm. 221, do 19 de novembro; D.A. 9ª e D.T. 2ª do Decreto 177/2016, do 15 de decembro; DOG núm. 239, do 16 de decembro)
Silvia Cortiñas Fernández
Vicesecretaria xeral da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio