Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2018 Páx. 39948

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de decreto (ETX 1/2018).

Eu, José Luis Gutiérrez Martín, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 1/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Elías García Cereijo, Joaquín Fernández Fuentes, Raúl Masó Otero, José Manuel Pena Faria, José Varela Otero, Enrique Cochón García, Sergio Parada Pastoriza, Jamal Belhad e Pablo Martínez Fernández contra Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L. sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

Decreto de insolvencia do 9.8.2018 impugnable en revisión no prazo de tres días, o cal se encontra ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 9 de agosto de 2018

O letrado da Administración de xustiza