Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2018 Páx. 39929

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial do Proxecto de expropiación por taxación conxunta das obras ordinarias de urbanización e equipamento deportivo na UA-23.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do Solo de Galicia, comunícase que o Pleno do Concello de Arteixo, en sesión ordinaria celebrada o 9 de agosto de 2018, adoptou o acordo de aprobación inicial do Proxecto de expropiación por taxación conxunta das obras ordinarias de urbanización e equipamento deportivo na UA-23 asinado polo arquitecto Javier Alonso Vicente, colegiado COAG número 4592, que tivo entrada no rexistro municipal o 18.7.2018, ERE 2018/11757, expediente número 05/18. Así mesmo, acordouse someter a información pública por período dun mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio, como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Nº predio

Predio catastral

Titular

Sup.

catastral

Afección (m²)

Uso

Natureza

urbanística

Expropiación

Imposición servidume

Ocupación temporal

Total

1

4593501NH4949S

Silvia Dolores Mosquera Mosquera

362

362

0

0

362

Solo sen edif.

SUNC

2

4593502NH4949S

SOCIMAFI, S.L.

2.096

2.096

0

0

2.096

Solo sen edif.

SUNC

3

4593503NH4949S

Silvia Dolores Mosquera Mosquera

1.500

1.500

0

0

1.500

Solo sen edif.

SUNC

4

4593513NH4949S

Elvira Ojea de Castro

1.553

1.553

0

0

1.553

Solo sen edif.

SUNC

Luisa María Ojea de Castro

Juan Manuel Ojea de Castro

Rafael Antonio Julián Ojea de Castro (hros. de)

María Paloma Ojea de Castro

Julián Javier Alejandro Ojea de Castro

Francisco Javier Ojea de Castro

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, a fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que coiden pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación, ou ben, intentada esta, non se puido efectuar, sirva a presente de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 17 de agosto de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto 1336/2015)
José Ramón Amado de la Fuente
Concelleiro de Obras e Servizos Municipais