Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2018 Páx. 39894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pobra de Trives (expediente IN408A 2018/11-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Iberdrola Generación, S.A.U.

Domicilio: rúa Circunvalación, nº 17, 32350 A Rúa.

Denominación: reforma do centro de transformación da estación de bombeo Ponte Bibei.

Situación: parcela referencia catastral: DG0100100PG48H0001AR, concello da Pobra de Trives (Ourense). Estación de bombeo da central hidráulica de Ponte Bibei, p.q. 8 da estrada OU-636, na marxe esquerda do río Bibei.

Características técnicas: cambio de sitio do transformador de potencia de 2.500 kVA 20/6,3 kV que pasa ao exterior do edificio da estación de bombeo, en zona próxima ao acceso ao edificio, mantendo a posición actual das celas blindadas. Tendido de novos condutores unipolares, tipo DHZ1-2OL (AS) 12/20 kV 3×1×150 mm2 Al, na parte de 6,3 kV e aparamenta necesaria.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 16 de xullo de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense