Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2018 Páx. 39890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 10 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental da LMT 30 kV de evacuación do PE Cadeira, nos concellos de Lourenzá, Mondoñedo, A Pastoriza e Riotorto, promovido por Norvento Eólica, S.L.U. (clave 2017/0242).

De conformidade co artigo 47, número 3, da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 8 de agosto de 2018 da LMT 30 kV de evacuación do PE Cadeira, nos concellos de Lourenzá, Mondoñedo, A Pastoriza e Riotorto (Lugo), promovido por Norvento Eólica, S.L.U.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa) e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (San Caetano, s/n, bloque 5, cuarto andar, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático