A representante legal do centro privado (CPR) Hijas de Jeús da Coruña, solicita o cambio de titularidade a favor da Fundación Educativa Jesuitinas.
Mediante escritura pública notarial do 6 de xullo de 2018, a Congregación Hijas de Jesús, a través da súa representante, cede a titularidade do CPR Hijas de Jesús a favor da Fundación Educativa Jesuitinas.
De conformidade coa solicitude de cambio de titularidade formulada e logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Primeiro. Autorizar o cambio de titularidade do centro privado Hijas de Jesús da Coruña, código 15004198, a favor da Fundación Educativa Jesuitinas, con efectos do 1 de setembro de 2018.
O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.
Segundo. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2018
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria