Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2018 Páx. 39666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2018 pola que se fai público o cofinanciamento do servizo para a identificación e caracterización de equipamentos de medida en 14 estacións depuradoras de augas residuais explotadas por Augas de Galicia do proxecto 0092_AQUALITRANS_1_E nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos, dáse publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia, e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública Augas de Galicia, da seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: gasto menor.

2. Obxecto do contrato:

Título: identificación e caracterización de equipamentos de medida en 14 estacións depuradoras de augas residuais explotadas por Augas de Galicia do proxecto 0092_AQUALITRANS_1_E no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020.

Clave do expediente: GA.18020.

CPV (referencia de nomenclatura): 71356200-0.

Orzamento base: importe neto: 14.974,01 euros. Importe total: 18.118,55 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da oferta: importe neto: 9.667,90 euros. Importe total: 11.698,16 euros.

Empresa: Tecmatia, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

A actuación referida no punto 2) será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe 3 «Crecemento sostible a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais». Obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos». Prioridade de Investimento 6F «Fomento de tecnoloxías innovadoras para a mellora da protección ambiental e a eficiencia dos recursos no sector dos residuos e o sector da auga, e con respecto ao solo ou á redución da contaminación atmosférica». Obxectivo específico OE6F «Incrementar os niveis de eficiencia na utilización dos recursos naturais para contribuír ao desenvolvemento da economía verde no espazo de cooperación».

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2018

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia