Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2018 Páx. 39680

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de modificación das bases específicas para o acceso en propiedade de tres prazas de auxiliar administrativo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 34, do 10 de febreiro de 2018, publicáronse as bases específicas para acceso en propiedade a tres prazas de auxiliar administrativo/a do Concello de Lugo, en quenda libre (unha incluída na OPE 2015 e dúas incluídas na OPE 2016).

No Diario Oficial de Galicia número 73, do 16 de abril de 2018, publicouse anuncio relativo á convocatoria do referido proceso selectivo.

Estas bases específicas foron modificadas por acordo 5/244 da Xunta de Goberno Local e foron publicadas estas no Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 171, do 27 de xullo de 2018.

Lugo, 27 de xullo de 2018

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312, do 5.7.2016)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área
de Desenvolvemento Sostible e Persoal