Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2018 Páx. 39661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador SAN-PO-0028/2018-SBP.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Mª Victoria Moreno, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 21 de agosto de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: SAN-PO-0028/2018-SBP.

Denunciado: Jorge García Méndez.

Acto de notificación: proposta de resolución.