Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2018 Páx. 39543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0772/2018-PPM e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-0772/2018-PPM e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 20 de agosto de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0772/2018-PPM

José Luis España Sánchez

52451152K

Inicio

Pesqueira, 24, Cabo de Cruz, Boiro

PSC-CO-0818/2018-PPM

Pablo Fernández Triñanes

52458171R

Inicio

Rebordelo, 117, Boiro

PSC-CO-0823/2018-PPM

Enrique Bravo Martínez

32794989W

Inicio

Avenida de Oza, 31, 8º 1º, A Coruña

PSC-CO-0858/2018-PPM

Luis Miguel Domínguez Hermo

53481944K

Inicio

Principal, 131, 3º A, Boiro

PSC-CO-0861/2018-PPM

Luis Iván Vilela Lago

78800270Q

Inicio

Nemiña, 40, Muxía

PSC-CO-0899/2018-PPM

Manuel A. Martínez Morandeira

47439860Z

Inicio

Rolda de Monte Alto, 8, 4º I, A Coruña

PSC-CO-0902/2018-ORS

Ricardo Gude Diz

76515489D

Inicio

Arribadas, 7, bloque 4º E, Santiago de Compostela

PSC-CO-0910/2018-PPM

Rebeca Alemán González

77481596R

Inicio

Peralto, 1, PO 2, baixo 4, Escarabote, Boiro