Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2018 Páx. 39535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 7 de maio de 2018 que modifica o acordo da zona de concentración parcelaria de Sasdónigas (Mondoñedo-Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas na relación adxunta por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a resolución recaída no expediente de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Sasdónigas (Mondoñedo-Lugo), por ser devolta polo servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo, primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución administrativa citada e constancia de tal coñecemento.

Expediente: resolución.

Acto notificado: Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 7 de maio de 2018, pola que se modifica o acordo da zona de concentración parcelaria de Sasdónigas (Mondoñedo-Lugo).

Durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada contra a mesma ante a Consellería do Medio Rural, na forma legalmente prevista.

Lugo, 10 de agosto de 2018

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 13.2.2017)
Manuel Corujo González
Xefe do Servizo de Gandaría

ANEXO

Número de propietario

Apelidos e nome

292

Rego Braña, Benedicta

100

Otero González, Mª Ermitas