Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2018 Páx. 39522

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto vacante de supervisor/a de unidade no Hospital da Mariña.

Convocada por Resolución do 8 de marzo de 2018 (DOG núm. 68, do 9 de abril) a provisión dunha praza de supervisor/a de unidade para o Hospital da Mariña, esta xerencia de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas no artigo 3 da amentada Orde e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a de unidade de UCI e Reanimación para o Hospital da Mariña.

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo desta resolución.

Terceiro. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días seguintes ao da publicación desta resolución.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde e no prazo de quince (15) días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Quinto. Contra a presente resolución porá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Lugo, 1 de agosto de 2018

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Posto: supervisora de Unidade de UCI e Reanimación.

Nome e apelidos: Alina Rodríguez Díaz.

DNI: *****403Q (*)

(*) Ocultase parcialmente o numero do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.