Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2018 Páx. 39551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2018 pola que se fai pública a formalización dun contrato de subministración por lotes, suxeito a regulación harmonizada (expediente 1/2018/CNTSU).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

– Subministración, por lotes, de trinta e catro (34) vehículos, destinados aos servizos centrais e periféricos do ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Departamento de Contabilidade e Tesourería.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=253220

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo de subministración, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: a subministración de 34 vehículos, divididos en 3 lotes en función das diferentes características dos vehículos, coas especificacións técnicas recollidas no prego de prescricións técnicas (PPT), así como a recollida dos vehículos que hai que substituír que deberá levar a cabo nas condicións indicadas no PPT.

c) Lotes: tres (3). Lote nº 1: un (1) vehículo tipo turismo compacto 5 portas. Lote nº 2: cinco (5) vehículos tipo turismo (3 volumes) 4 portas. Lote nº 3: vinte e oito (28) vehículos tipo turismo utilitario compacto 5 portas.

d) Medios de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

e) Datas de publicación do anuncio de licitación: 1.2.2018, 5.2.2018 e 5.2.2018.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado total do contrato: 363.520,00 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 363.520,00 euros. Importe total: 439.859,20 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16.7.2018.

b) Data de formalización do contrato: lotes 1 e 2: 20.8.2018; lote 3: 14.8.2018.

c) Contratista: lotes 1 e 2: Noyamovil, S.L.; lote 3: T: Caeiro, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: lote 1: 17.950,00 euros; lote 2: 53.750,00 euros; lote 3: 215.231,18 euros. Importe total: lote 1: 21.719,50 euros; lote 2: 65.037,50 euros; lote 3: 260.429,73 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: por ser, en cada un dos lotes, as únicas ofertas admitidas e resultar estas economicamente vantaxosas para Portos de Galicia, unha vez valorados os diferentes criterios de adxudicación.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia