Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2018 Páx. 39501

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para residencia da terceira idade no Milladoiro.

A Xunta de Goberno local do Concello de Ames, en sesión do 26 de xullo de 2018, acordou a aprobación inicial do Plan especial de dotacións e infraestruturas da Travesía da Moa, no lugar do Milladoiro.

De conformidade co establecido no artigo 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión da provincia e no portal de transparencia deste Concello.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais (Departamento de Urbanismo), situadas na rúa Alcalde Lorenzo, nº 2, 1º, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes.

Ames, 30 de xullo de 2018

José M. Miñones Conde
Alcalde