En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral acordouse depositar o acordo de modificación dos estatutos da Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte, Téxtil, Telecomunicacións e actividades afíns (FGAMT).
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: poderán pertencer á federación todos os traballadores e traballadoras en activo ou no paro, afiliados/as á CIG, pertencentes ás actividades económicas encadradas dentro desta federación.
Asinantes: Xavier Aboi Pérez, María Xosé Vizoso González, Christian López Carmona, Isabel Leites Sequeiros, Manuel Regueiro Rey, Isabel Barreiro Paz e Paulo Conde Ferro.
Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2018
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego