Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2018 Páx. 39379

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2018 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría da Construción a María Isabel Martínez Lage.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 22 de maio de 2018 (BOE do 4 de xuño), para a provisión da praza número 18/031 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría da Construción, departamento de Enxeñaría Civil desta universidade, a favor de María Isabel Martínez Lage, con DNI núm. 32758281W, e unha vez que a interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Isabel Martínez Lage profesora titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría da Construción, departamento de Enxeñaría Civil desta universidade.

No prazo máximo de vinte (20) días contado desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 3 de agosto de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña