De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 22 de maio de 2018 (BOE do 4 de xuño), para a provisión da praza número 18/028 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Física Aplicada, departamento de Física e Ciencias da Terra desta universidade, a favor de Rebeca Bouza Padín, con DNI 32677825T, e unha vez que a interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.
Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Rebeca Bouza Padín profesora titular de universidade da área de coñecemento de Física Aplicada, departamento de Física e Ciencias da Terra desta universidade.
No prazo máximo de vinte días contados desde o día siguiente á publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a candidata deberá tomar posesión do seu destino.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 3 de agosto de 2018
Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña