Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2018 Páx. 39144

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (57/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 57/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ignacio Lorenzo Rubín contra Cunsa Multiservicios, S.C., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2018

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Cunsa Multiservicios, S.C., en situación de insolvencia total por importe de 701,80 euros en concepto de principal (honorarios de letrado), máis outros 70,18 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cunsa Multiservicios, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza