Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2018 Páx. 39167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento especial sobre protección de dereitos fundamentais número 233/2018, interposto pola Unión General de Trabajadores de Galicia (UGT Galicia) e a Confederación Intersindical Galega (CIG).

Esta consellería recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo en materia de protección de dereitos fundamentais núm. 233/2018, interposto polas organizacións sindicais Unión General de Trabajadores de Galicia (UGT Galicia) e Confederación Intersindical Galega (CIG) contra a Orde do 20 de xullo de 2018, conxunta das consellerías de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Medio Rural, pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga do persoal das escalas de axentes forestais e axentes facultativos ambientais convocada para os días 25, 26 e 27 de xullo, e que adquirirá carácter indefinido a partir do día 1 de agosto de 2018 (DOG núm. 140, do 23 de xullo).

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo ao referido tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento das persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2018

María del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural