Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2018 Páx. 39159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se dá a coñecer a solicitude de ampliación do recoñecemento da condición mineral natural da sondaxe S-1 á sondaxe S-7 situada na paraxe denominada Val de Lebres, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense (expediente Sousas II número 55).

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense dá a coñecer que, con data do 12 de decembro de 2017, a mercantil Euroinversiones Aguas de Sousas, S.L.U. solicitou a ampliación do recoñecemento da condición mineral natural da sondaxe S-1 (expediente Sousas II nº 55), xa declarado, á sondaxe S-7, situada na paraxe denominada Val de Lebres, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense, coas seguintes coordenadas ETRS89: X=632084, Y=4645139.

O que se fai público segundo o disposto no artigo 4 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ourense, 19 de xullo de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense