Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2018 Páx. 39161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de seis predios por unha instalación eléctrica prevista nos termos municipais de Cangas e Moaña.

De conformidade co disposto no artigo 44 de la Ley 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non poidan practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e sendo descoñecidos os propietarios dos predios que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Infórmanse os interesados que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2016/5-4) se atopa á súa disposición durante un prazo de 20 días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5º andar (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 10 de agosto de 2018

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Nº predio

Lugar

Concello

Referencia catastral

2

Ameixoada

Moaña

36029A057003960000IZ

17

Ameixoada

Moaña

36029A057003960000IZ

19

Ameixoada

Moaña

36029A057003960000IZ

29

Ameixoada

Moaña

36029A057003960000IZ

31

Ameixoada

Moaña

36029A057003960000IZ

33

Ameixoada

Moaña

36029A057003960000IZ