Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2018 Páx. 39154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 13 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de tratamento de residuos férricos e non férricos promovida por Alumisel, S.A.U., no Porriño (Pontevedra) (expediente 2017-IPPC-I-89).

Para os efectos previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro) faise público que, por espazo de 30 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Proxecto básico de solicitude de autorización ambiental integrada aplicada ás instalacións de Alumisel, S.A.U., situadas no Porriño (Pontevedra).

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os documentos poderán consultarse:

– Na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), en horario de atención ao público;

– Na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://cmaot.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático
ANEXO

Memoria resumo

Titular: Alumisel, S.A.U., no Porriño (Pontevedra).

CIF: A36058634.

Domicilio social: Polígono Industrial das Gándaras, A Granxa, s/n, O Porriño (Pontevedra).

Localización da instalación: Polígono da Granxa (Budiño) s/n, O Porriño (Pontevedra).

Actividade: recepción, reciclaxe e recuperación de metais e de compostos metálicos.

Procesos: as liñas principais de tratamento comprenden o almacenamento de residuos perigosos na instalación (recepción e almacenamento dos residuos no espazo habilitado para iso previamente á súa expedición a xestor autorizado), valorización de residuos non perigosos consistentes en residuos férricos e non férricos mediante a súa clasificación, prensaxe, cizalladura ou fragmentación (pretrituración, trituración e proceso de clasificación), e valorización de vehículos fóra de uso (recepción de vehículos, descontaminación do vehículo fóra de uso e entrega dos residuos a xestor autorizado).

Verteduras: a instalación verte augas pluviais (procedentes das cubertas das naves; éstas son vertidas directamente á rede de saneamento do polígono), augas pluviais con posible contaminación por hidrocarburos (procedentes do escorremento das augas pluviais na superficie da instalación; previamente á súa vertedura á rede de saneamento, trátanse por separadores de hidrocarburos) e augas asimilables a uso doméstico (procedentes dos sanitarios da caseta de servizos; unhas vértense directamente á rede de saneamento das augas residuais do polígono e outras son almacenadas nun pozo séptico).