Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2018 Páx. 39181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica para a xestión do coñecemento no ámbito sanitario, enmarcado dentro do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade para a execución das actividades relacionadas co plan de innovación sanitaria Código 100 mediante financiación comunitaria con Fondos de Desenvolvemento Rexional (Feder), dentro do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020 (Pocint), financiado nun 80 % cos ditos fondos (expediente AB-SER1-18-004).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-18-004.

d) Dirección da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica para a xestión do coñecemento no ámbito sanitario.

c) Lotes (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 4, do 5 de xaneiro de 2018.

Boletín Oficial del Estado nº 317, do 30 de decembro de 2017.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2017/S 245-512240, do 21 de decembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.040.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.040.000 euros. Importe total: 1.258.400 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 11.6.2018.

b) Data de formalización do contrato: 4.7.2018.

c) Contratista: Netex knowledge Factory, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 955.000 euros. Importe total: 1.155.550 euros.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos