Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2018 Páx. 39177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2018 pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras non suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras:

Instalacións para a atracada de embarcacións mexilloeiras no porto do Xufre (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 5/2017/CNTOB.

e) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=178172

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: instalacións para o atraque de embarcacións mexilloeiras no porto do Xufre.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 133.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 13 de xullo de 2017.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (multicriterio).

4. Valor estimado do contrato.

3.670.362,07 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 3.670.362,07 euros. Importe total: 4.441.138,10 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27 de xullo de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 10 de agosto de 2018.

c) Contratista: Acciona Construcción, S.A.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 2.796.081,82 euros. Importe total: 3.383.259,00 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia