Convócanse probas selectivas, polo sistema de concurso-oposición, para cubrir a seguinte praza:
• 1 responsable de operacións portuarias, contratación fixa.
As bases desta convocatoria, así como as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo, estarán á disposición das persoas interesadas:
– No tabolerio de anuncios da Autoridade Portuaria, no peirao Curuxeiras, s/n, 15401 Ferrol, A Coruña.
– No taboleiro de anuncios da sede electrónica da Autoridade Portuaria http://sede.apfsc.gob.es
– Páxina web de Portos do Estado.
– Páxina web www.administracion.gob.es (060).
Ferrol, 16 de agosto de 2018
José Manuel Vilariño Anca
Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao