Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2018 Páx. 38937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 16 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos, así como en materia de caza, e tamén en materia de protección e benestar de animais de compañía de Galicia (expediente ANP-CO-0033/2018-V e seis máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, segundo o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial desta consellería, sita no Edificio Administrativo Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 16 de xullo de 2018

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

Anexo

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

ANP-CO-0033/2018-V

Hugo Enrique Pineda Suárez

Acordo de inicio

Xefa territorial

ANP-CO-0035/2018-V

João Álvarez Gallego

Acordo de inicio

Xefa territorial

ANP-CO-0028/2018-V

Juan Alejandro Montero Montero

Acordo de inicio

Xefa territorial

CAZ-CO-0031/2018-V

Alfonso Carril Sánchez

Notificación de resolución

Xefa territorial

ANI-CO-0033/2018-V

Marcelino Freire Abad

Notificación de resolución

Xefa territorial

ANI-CO-0042/2018-V

Carlos Cao García

Notificación de resolución

Xefa territorial

ANI-CO-0035/2018-V

María José Insua Mesías

Notificación de resolución

Xefa territorial