Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2018 Páx. 38933

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 259/2017).

ETX. Execución de títulos xudiciais 259/2017

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 562/2017

Sobre despedimento

Demandante: José Luis Corbal Ramos

Avogado: Miguel Blanco Pérez

Demandados: Fogasa, María Dolores Ferreiro Varela

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Declaración de insolvencia.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 259/2017, por instancia de José Luis Corbal Ramos contra a executada María Dolores Ferreiro Varela, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 24 de xullo de 2018 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada en situación de insolvencia total por importe de 497,30 euros de principal máis 49,73 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. De conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza