En cumprimento do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Política Social.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número de expediente: 72/2017.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=254992
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración por lotes de calzado de uso profesional, zoco branco (sanitario e de cociña) e zapato de pel.
c) División por lotes: si.
d) CPV: 18100000-0 Roupa de traballo, roupa de traballo especial e accesorios.
18800000-7 Calzado.
CPA: 15.20 Calzado.
e) Acordo marco: non.
f) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma correspondentes á Consellería de Política Social.
g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.
h) Data de publicación do anuncio de licitación: 8 de febreiro de 2018.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, por lotes, non suxeito a regulación harmonizada.
4. Valor estimado (24 meses de duración ordinaria e posible prórroga): 626.755,50 €.
5. Formalización do contrato:
a) Data de formalización: 13 de xullo de 2018.
b) Contratista: El Corte Inglés, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación (24 meses de duración ordinaria): 170.280,72 € (sen IVE).
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2018
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social