Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio, convócase a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT, CT, RBT Drozo, no concello de Cambre (expediente IN407A 2015/211-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas oficinas da casa consistorial correspondente.
A Coruña, 8 de agosto de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/211-1.
Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: recuamento LMT, CT, RBT Drozo.
Concello: Cambre.
Predio |
Concello |
Titularidade proposta |
Data de |
Hora |
1 |
Cambre |
María del Saliente Sáez López e Santiago Vázquez Rodríguez |
28.8.2018 |
12.00 |