Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2018 Páx. 38842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación da proposta de resolución e do requirimento do pagamento de multa en período voluntario do expediente sancionador IN635C 2018/71-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción en materia de industria, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida María Victoria Moreno, número 43, 5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas que considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 6 de agosto de 2018

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 62.3 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

ANEXO

Expediente de infracción: IN635C 2018/71-4.

Persoa interesada: Luis Fernando Cobo Bárcena.

DNI: 13922532B.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.