Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2018 Páx. 38739

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2018 pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 59, do 23 de marzo) pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas coa indicación da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade.

Na súa virtude

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con cargo ás aplicacións orzamentarias 10.21.433A.770.0 e 10.21.433A.781.2, segundo o anexo desta resolución.

Segundo. Desestimar o resto das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2018, que se recollen no anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Anexo I

Solicitante

Actuación

Subvención concedida

Aplicación orzamentaria

Edifa Cabaro, S.L.

Sondaxes arqueolóxicas valorativas para a rehabilitación de edificio na praza da Constitución núm. 11, concello de Vigo

3.031,05 €

10.21.433A.770.0

Santiago Pérez Alonso

Sondaxes mecánicas nun solar en Pedornes, Santa María de Oia, concello de Pontevedra

441,65 €

10.21.433A.781.2

Marta María Porca Vidal

Control arqueolóxico das obras de rehabilitación de edificio na rúa do Castro, núm. 13, concello de Betanzos

1.118,04 €

10.21.433A.781.2

Juan Díaz Bernárdez

Control arqueolóxico das obras vinculadas ao proxecto básico na Casa do Priorato, Surriba, Barbadelo, concello de Sarria

1.663,75 €

10.21.433A.781.2

Eladio Pérez Fernández

Control arqueolóxico e escavación arqueolóxica en área na parcela 53 do SAI, sector A, barrio de Xermaña, Panxón, concello de Nigrán

6.269,39 €

10.21.433A.781.2

María González Misa

Sondaxes mecánicas para a construción dunha vivenda unifamiliar nunha parcela do camiño de Gravín, s/n, Medialdea, Belesar, concello de Baiona

1.126,34 €

10.21.433A.781.2

Marta Ramilo González

Sondaxes arqueolóxicas mecánicas previas á construción dunha vivenda unifamiliar en Camiño, núm. 51, Donas, concello de Gondomar

1.121,07 €

10.21.433A.781.2

Anexo II

Solicitante

Actuación

Causas

Asociación Cultural Villa Petroni

Prospección arqueolóxica con xeo-radar 3D multifunción na paraxe da Barca, concello de Padrón

Incumprimento dos artigos 1.1 e 2.2.d) da Orde do 5 de marzo de 2018.