Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2018 Páx. 38826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de María Navalón Solleiro.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do 29 de setembro de 2017 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Navalón Solleiro (ABI/2014/0002).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (núm. 256, do 24.10.2017), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 200, do 20.10.2017), na páxina web da Consellería de Facenda, e foi exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos de Vilamartín de Valdeorras, Tui, Vigo e Tomiño por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento, o 29 de setembro de 2013, no municipio de Vilamartín de Valdeorras, e que aínda que tiña outorgado testamento o 22 de xullo de 1976 a favor da súa irmá Dolores Navalón Solleiro, este resultou ineficaz por premoriencia da instituída en data do 19 de maio de 2012. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello de Vigo, e queda xustificada a súa veciñanza civil galega.

Non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas ante o Catastro Inmobiliario, no Índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información obtida de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte do caudal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueloutros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante, neste caso, particularmente e sen prexuízo doutros, os que deriven da sucesión da súa irmá Dolores Navalón Solleiro.

A Asesoría Xurídica emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos:

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20.bis e 20 ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de María Navalón Solleiro, con DNI 35879891Y, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Bens inmobles:

– Metade do dominio do piso 7º ou ático Z, do edificio Perpetuo Socorro, da rúa Pi y Margall, nº 96, antes Xeneral Aranda, dunha superficie útil de 78,97 m2, que estrema: norte, piso 7º ou ático V e distribuidor; sur, piso sétimo ou ático S; leste, rúa Pi y Margall, antes Xeneral Aranda, e oeste, patio interior e escaleiras. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 2254002NG2725S0045EI.

Valor catastral: 16.413,85 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Vigo nº 5, tomo 1008, libro 8, folla 153, predio nº 33936.

– Metade do dominio do predio urbano correspondente coa parcela nº 768 do polígono 67 do Catastro Inmobiliario, Mosteiro, no municipio de Tomiño (Pontevedra), dunha superficie de 1.232 m2. Estrema: norte, estrada; sur, parcelas nº 772 e 773 do polígono 67; leste, parcelas nº 770 e 771 do polígono 67; e oeste, parcela nº 767 do polígono 67.

Referencia catastral: 36054A067007680000EJ.

Valor catastral: 17.891,79 euros.

Non consta inscrición rexistral.

b) Contratos e outros efectos bancarios:

– Abanca, conta de aforro: 2080 0501 12 3000017714 (50 %).

– Abanca, conta de aforro: 2080 0553 56 3000013634 (50 %).

– Abanca, fondo de investimento: 2080 0553 56 4600005047 (50 %).

– BBVA, conta de aforro: 0182 6621 02 0001507570 (50 %).

– BBVA, conta de aforro: 0182 6621 02 0001534512 (50 %).

– BBVA, conta de valores: 0000 0182 66 2102264378 (50 %).

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de Patrimonio, anuncios que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Vilamartín de Valdeorras, Tui, Vigo e Tomiño.

Esta resolución poderá ser recorrida por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda, de conformidade cos artigos 112 .1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil pola declaración de herdeira ab intestato ou a adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2018

A secretaria xeral técnica e do Patrimonio
P.S. (Resolución do 10.7.2018)
Ángeles Vidal Ruiz
Subdirectora xeral de Apoio Técnico-Xurídico