Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38704

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de proceso selectivo dunha praza de axente de policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 183, do 10 de agosto de 2018, publicáronse integramente as bases que deben rexer o proceso para seleccionar un axente de policía local como funcionario por quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.

Monforte de Lemos, 10 de agosto do 2018

José Tomé Roca
Alcalde