Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38709

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación ao propietario da parcela con referencia catastral 32076A010004340000Q.

Visto o anuncio de notificación no TEU do BOE do 10 de agosto de 2018, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requírense o/os propietario/s, arrendatario/s ou usufrutuario/s da parcela coa referencia catastral 32076A010004340000UQ, e atópase no catastro en investigación, artigo 47 da Lei 33/2003, para que, no prazo de 15 días, execute/n os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas; estando obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.

San Cibrao das Viñas, 10 de agosto de 2018

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde