Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38700

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO do acordo relativo ás áreas de rexeneración e renovación urbana no marco das actuacións previstas na prórroga do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, anualidade 2017.

A Xunta de Goberno Local adoptou na sesión do 23.7.2018 un acordo relativo ás áreas de rexeneración e renovación urbana da Magdalena-Ferrol Vello (12ª fase), da Graña (8ª fase) e do barrio de Esteiro Vello (2ª fase), no marco das actuacións previstas na prórroga do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, anualidade 2017:

– As propostas de cualificación provisional.

– A non inclusión de cinco solicitudes nas propostas de cualificación provisional.

– Notificar o acordo aos titulares das solicitudes non incluídas.

– Publicar o presente anuncio.

– Remitir ao IGVS as propostas de cualificación provisional.

Publícase este anuncio para que no prazo de 10 días os interesados poidan comparecer na Oficina de Rehabilitación do Concello de Ferrol, rúa María 52-54, 4º, para teren coñecemento do contido íntegro do acto e para constancia de tal coñecemento, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra este acto de trámite cualificado poderán interpoñer os interesados, de acordo co disposto nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdición, ambos os prazos contados a partir do día seguinte ao transcurso do prazo de 10 días establecido no parágrafo anterior.

Ferrol, 31 de xullo de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución do 27.6.2017)
María Fernández Lemos
Concelleira delegada titular da Área de Urbanismo,
Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación