Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38663

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 102/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 102/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pose Vieites contra Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2018.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Na execución de títulos xudiciais 102/2018 por instancia de José Pose Vieites contra Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L. e Fogasa sinalouse para a celebración da comparecencia o día 30 de xullo de 2018, ás 11.55 horas.

Segundo. O Xulgado de Paz de Culleredo manifesta que a executada Neira y Ferreira, S.L.U. está pechada e non ten actividade.

Fundamentos de dereito:

Único. Conforme o establecido no artigo 83 da Lei de procedemento laboral (LPL) en relación co artigo 188 da Lei de axuizamento civil (LAC), procede acordar a suspensión dos actos sinalados e fixar nova data para a súa celebración, polo que sinalo o próximo día 30 de agosto de 2018, ás 10.45 horas, para a súa celebración.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo suspender a comparecencia que estaba sinalada para o día de hoxe e sinalar nova comparecencia para o próximo día 30 de agosto de 2018, ás 10.45 horas, na sala de audiencias número 3 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n; polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que tenten valerse.

Así mesmo, acordo a citación dos executados, Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U. e Aluminios M. Quinteiro, S.L. por medio de edictos, tendo en conta que están en ignorado paradoiro.

Sirva de citación a notificación desta resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

Para que sirva de notificación en legal forma a Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U. e Aluminios M. Quinteiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza