Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 16 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o outorgamento do permiso de investigación (sección c) denominado Val número 5267, nos termos municipais de Barbadás e Toén.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense comunica que o director xeral de Enerxía e Minas aprobou a Granitos del Val, S.L. o outorgamento do permiso de investigación que a seguir se describe:

Nome: Val.

Número de expediente: 5267.

Recurso: sección C.

Termos municipais: Barbadás e Toén (Ourense).

Titular: Granitos del Val, S.L.

Superficie: dúas (2) cuadrículas mineiras.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Ourense, 16 de xullo de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense