Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38639

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 24 de xullo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se publica a resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal por concurso de méritos, a cobertura de diversas prazas da categoría de facultativo especialista de área.

A Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, en cumprimiento do establecido no Plan de estabilidade de emprego e provisión de prazas do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (2017-2018), publicado no DOG nº 85, do 4 de maio, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de plazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, ao abeiro dos principios recollidos na norma I.2 do pacto de selección temporal do persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade (DOG nº 89, do 9 de maio de 2011), en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, e Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio da convocatoria para cubrir, mediante vinculación temporal, as plazas de facultativo especialista de área que se relacionan no anexo da resolución da convocatoria.

Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria, xunto coa documentación á que se refiren as súas bases, presentaranse dirixidas á Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, no Rexistro Xeral da dita xerencia, sito no Hospital Arquitecto Marcide, avenida da Residencia, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña), ou a través de calquera dos rexistros previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios da Dirección de Recursos Humanos da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, no Punto de Atención ao Traballador/a (PAT) da Dirección de Recursos Humanos, así como na páxina Web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ferrol, 24 de xullo de 2018

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Especialidade

Prazas

Nomeamento

Alergoloxía

1

Interino/a praza vacante

Anestesia e Reanimación

1

Interino/a praza vacante

Anestesia e Reanimación

1

Substituto/a reserva praza

Anxioloxía e Cirurxía Vascular

1

Interino/a praza vacante

Aparello Dixestivo

2

Interino/a praza vacante

Cardioloxía

1

Interino/a praza vacante

Cardioloxía

1

Substituto/a reserva praza

Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía

1

Interino/a praza vacante

Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo

1

Substituto/a reserva praza

Endocrinoloxía e Nutrición

2

Interino/a praza vacante

Farmacia Hospitalaria

4

Interino/a praza vacante

Medicina Física e Rehabilitación

1

Substituto/a reserva praza

Medicina Interna

5

Interino/a praza vacante

Microbioloxía e Parasitoloxía

1

Interino/a praza vacante

Nefroloxía

1

Interino/a praza vacante

Neuroloxía

1

Interino/a praza vacante

Obstetricia e Xinecoloxía

2

Interino/a praza vacante

Obstetricia e Xinecoloxía

1

Substituto/a reserva praza

Otorrinolaringoloxía

3

Interino/a praza vacante

Pediatría e as súas áreas específicas

1

Interino/a praza vacante

Pneumoloxía

1

Interino/a praza vacante

Uroloxía

1

Substituto/a reserva praza