Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2018 Páx. 38287

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Riotorto

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial SUND Vilarín-Riotorto.

O Pleno deste concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 20 de xullo de 2018, adoptou o seguinte acordo:

5. Aprobación definitiva, se procede, do Plan especial solo urbanizable non delimitado (SUND) Vilarín-Riotorto.

A Secretaría, por orde da Presidencia, deu conta ao Pleno do estado actual do expediente para a aprobación definitiva do Plan especial SUND Vilarín-Riotorto.

Considerando que o plan foi aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno do 16 de febreiro de 2016.

Considerando que estivo exposto ao público polo prazo dun mes mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia, que se noticou aos propietarios de terreos afectados e non se produciu ningunha reclamación ou alegación durante a exposición pública segundo consta no expediente.

Considerando que se emitiron os informes que constan non expediente citado.

Considerando que emitiron informes a Secretaría municipal e o arquitecto Manuel E. López Vázquez, informes unidos ao expediente respectivo e favorables á aprobación do plan.

Considerando que o plan foi aprobado provisionalmente polo Pleno desta entidade en sesión ordinaria do 1 de decembro de 2017.

Considerando que o plan foi remitido á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para o seu informe.

Considerando que o Servizo de Urbanismo da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio emitiu informe onde se sinalan as deficiencias recollidas no plan e que deben de ser corrixidas, informe do 10 de xaneiro de 2018.

Considerando que o arquitecto Manuel E. López Vázquez emite informe onde se sinala que se corrixiron esas deficiencias e que o plan pode ser aprobado provisionalmente.

Considerando que o plan, corrixidas as deficiencias, consta no oportuno expediente.

Considerando que a Secretaría emite informe unido ao expediente respectivo e favorable á aprobación provisional do plan.

Considerando que o plan foi novamente aprobado provisionalmente polo Pleno en sesión do 6 de abril e remitido á Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Servizo de Urbanismo de Lugo.

Considerando que se detectaron deficiencias no plan que afectan a súa memoria.

Considerando que, unha vez corrixidas estas deficiencias, emitiron informes a Secretaría e o arquitecto técnico Manuel E. López Vázquez, favorables á aprobación provisional do plan, informes unidos ao expediente respectivo.

Considerando que o plan corrixido consta no oportuno expediente.

Considerando que o plan foi aprobado de novo provisionalmente polo Pleno en sesión do 1 de xuño e remitido á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Considerando que o plan recibiu informe favorable da consellería citada, Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, segundo consta no oportuno expediente.

Considerando que o arquitecto Manuel E. López Vázquez e a Secretaría municipal emiten informes favorables á aprobación definitiva do plan.

Sometido a votación o asunto despois das deliberacións, a Corporación Municipal, por unanimidade e en votación ordinaria dos seus membros presentes, seis dos nove que compoñen o Pleno, acorda:

1. Aprobar definitivamente o Plan SUND Vilarín-Riotorto.

2. Publicar este acordo no DOG e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas no BOP.

3. Comunicar á consellería competente este acordo e darlle traslado de dous exemplares do instrumento aprobado.

Riotorto, 24 de xullo de 2018

Clemente Iglesias González
Alcalde