Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2018 Páx. 38205

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 733/2017).

DOI. Despedimento obxectivo individual 733/2017

Procedemento de orixe: sobre despedimento

Demandante: Daniel Varela Parga

Avogado: José Martín Fuentes Neave

Demandados: Nacional 10 Horas, S.L., comité de empresa de Nacional 10 Horas, S.L., Fondo de Garantía Salarial e Fit & Partners Recovery Spain, S.L.P.

Avogado/a: letrado/a do Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 733/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Varela Parga contra a empresa e comité de empresa de Nacional 10 Horas, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Daniel Varela Parga contra Nacional 10 Horas, comité de empresa de Nacional 10 Horas, S.L., administración concursal de FTI & Partners Recovery Spain, S.L.P. e o Fogasa, declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza, e condeno a empresa demandada, Nacional 10 Horas, a que lle aboe a cantidade de 35.391,66 euros en concepto de indemnización, calculada a razón de 56,44 euros/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 26 de agosto de 2017, ata a data desta sentenza, por importe de 18.117,24 euros, e a cantidade correspondente á indemnización por falta de aviso previo, por importe de 846,6 euros e a cantidade de 372,06 en concepto de garantía de accidente, do que resulta un total de 54.727,56 euros.

Todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Para que sirva de notificación en legal forma ao comité de empresa de Nacional 10 Horas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza