Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2018 Páx. 38172

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2018 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega pola Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela.

O máster universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega obtivo a verificación do plan de estudios polo Consello de Universidades, previo informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. Por Acordo do Consello de Ministros do 28 de outubro de 2011 estableceuse o carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) (publicado no Boletín Oficial del Estado, BOE, do 25 de novembro de 2011, pola Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 7 de novembro de 2011). O seu plan de estudos foi publicado por Resolución do 28 de novembro de 2011, no BOE do 13 de xaneiro de 2012 e corrixido por Resolución do 13 de xuño de 2018, no BOE do 14 de xullo de 2018.

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega pola Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 2 de agosto de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega pola Universidade da Coruña
e a Universidade de Santiago de Compostela

Código RUCT: 4312452.

Plan de estudos que se inicia no curso 2015/2016 por modificación do plan anterior.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1):

1. Rama de coñecemento á que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...………

Optativas (OP)……….………………..…………

Traballo fin de máster (TFM)……………...……

Créditos totais..…….………….…………..…….

51

  0

  9

60

3. Contido do plan de estudos.

Materia

Créditos ECTS

Carácter

Historia da Xardinaría e a Paisaxe

3

OB

Teoría e Metodoloxía

3

OB

Planificación da Paisaxe

6

OB

Deseño da Paisaxe I

3

OB

Tecnoloxía da Información

3

OB

Vexetación e Material Vexetal I

3

OB

Paisaxe Cultural

3

OB

Taller

6

OB

Deseño da Paisaxe II

3

OB

Vexetación e Material Vexetal II

3

OB

Espazos Públicos Urbanos

3

OB

Integración das Infraestruturas na Paisaxe

3

OB

Materiais, Construción e Instalacións

6

OB

Xestión da Paisaxe

3

OB

Traballo fin de máster

9

TFM

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral e existe un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre.

4. Condicións de terminación.

O alumnado, para obter o título de Máster Universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos de acordo co punto 2, sen prexuízo de ter que superar ademais, de ser o caso, en función da súa titulación de acceso, os créditos dos complementos formativos dunha ou das dúas materias, con 3 créditos ECTS cada unha, que se indican a continuación:

– Deseño Gráfico da Paisaxe.

– Ciencias Ambientais Aplicadas á Paisaxe.

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega pola Universidade da Coruña
e a Universidade de Santiago de Compostela

Código RUCT: 4312452.

Plan inicial.

Este plan foi publicado pola Resolución da Universidade da Coruña do 28 de novembro de 2011 no BOE do 13 de xaneiro de 2012 e corrixido pola Resolución do 13 de xuño de 2018 no BOE do 14 de xullo de 2018.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1):

1. Rama de coñecemento á que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...………

Optativas (OP)……….………………..…………

Traballo fin de máster (TFM)...…………………

Créditos totais...........…….………….………….

54

0

6

60

3. Contido do plan de estudos.

Materia

Créditos ECTS

Carácter

Especialización:

– Deseño Gráfico da Paisaxe*

– Ciencias Ambientais Aplicadas á Paisaxe (Edafoloxía, Botánica e Ecoloxía) *

3

OB

Historia da Xardinaría

3

OB

Teoría e Metodoloxía

3

OB

Planificación da Paisaxe

6

OB

Deseño da Paisaxe I

3

OB

Tecnoloxía da Información

3

OB

Vexetación e Material Vexetal I

3

OB

Taller

6

OB

Deseño da Paisaxe II

3

OB

Vexetación e Material Vexetal II

3

OB

Espazos Públicos Urbanos

3

OB

Integración das Infraestruturas na Paisaxe

3

OB

Paisaxe Cultural

3

OB

Materiais, Construción e Instalacións

6

OB

Xestión da Paisaxe

3

OB

Traballo fin de máster

6

TFM

*Preséntanse como dous itinerarios diferentes en función da titulación de procedencia do alumno.

4. Condicións de terminación.

O alumnado, para obter o título de máster universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos de acordo co punto 2.

A titulación de acceso do alumnado será a que indique cal das dúas materias de especialización deba cursar:

– Deseño Gráfico da Paisaxe.

– Ciencias Ambientais Aplicadas á Paisaxe.