Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2018 Páx. 38224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 26 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador PO-RES-2017-126 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos, por resultar descoñecido o seu destinatario ou tentadas dúas veces as notificacións, estas no se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Mª Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 26 de xullo do 2018

O xefe territorial de Pontevedra
P.A.
Dolores Bazán Arcay
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

PO-RES-2018-038

Yago Jiménez Araújo

Acordo de incoación

O xefe territorial

PO-RES-2017-126

Paloma Jiménez Jiménez

Proposta de resolución

O instrutor