Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2018 Páx. 38222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 342/2017, interposto por Lourdes Vázquez Moure.

A Secretaría Xeral da Emigración recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia oficio en que se solicita a remisión do expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. número 342/2017, interposto por Lourdes Vázquez Moure contra resolución desta secretaría do 29 de setembro de 2017, desestimatoria da súa solicitude de axuda económica individual.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de octubre, do procedemiento administrativo común das administracións públicas, se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración