Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2018 Páx. 38278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración sucesiva de todos os produtos consumibles e arrendamento sen opción de compra dos equipamentos necesarios para a realización das técnicas analíticas nos laboratorios (expediente MS-EIO1-16-003).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: MS-EIO1-16-003.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración sucesiva.

b) Descrición: subministración sucesiva de todos os produtos consumibles e arrendamento sen opción de compra dos equipamentos necesarios para a realización das técnicas analíticas nos laboratorios da Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) Lotes (de ser o caso): si, nove (9) lotes.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0; 38434540-3.

e) Acordo marco (se procede): si.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 129, do 8.7.2016.

Boletín Oficial del Estado núm. 158, do 1.7.2016

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2016/S 121/214569, do 25.6.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 14.042.318,41 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 10.801.783,40 €. Importe total: 13.070.157,89 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 24.8.2017 e 19.2.2018.

b) Data de formalización do contrato: 16 de xullo de 2018.

c) Contratistas:

Lotes 1 e 2: UTE XXI Ourense Beckman Coulter, S.L.U.-Alere Healthcare, S.L.U., Unión Temporal de Empresas Lei 18/1982, do 26 de maio; NIF U67033787.

Lotes 3 e 5: Roche Diagnostics, S.L., CIF B61503355.

Lotes 4 e 6: Werfen España, S.A.U., NIF A28114742.

Lotes 7: deserto.

Lotes 8: Biometa Tecnología y Sistemas, S.A.; NIF A33553645.

Lote 9: Horiba Abx Ibérica, Sucursal en España de Horiba ABX, S.A.S., CIF W0012507J.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: lote 1: 4.635.106,98 €. Importe total: 5.608.479,45 €.

Importe neto: lote 2: 137.318,37 €. Importe total: 166.155,23 €.

Importe neto: lote 3: 197.287,01 €. Importe total: 238.717,31 €.

Importe neto: lote 4: 338.806,40 €. Importe total: 409.955,76 €.

Importe neto: lote 5: 788.988,72 €. Importe total: 954.676,36 €.

Importe neto: lote 6: 589.261,32 €. Importe total: 713.006,20 €.

Importe neto: lote 8: 152.205,04 €. Importe total: 184.168,09 €.

Importe neto: lote 9: 198.749,04 €. Importe total: 240.486,34 €.

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: véxanse as resolucións de adxudicación publicadas no perfil do contratante do 24.8.2017 e do 19.2.2018.

Ourense, 19 de xullo de 2018

Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras